Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP publica os resultados da enquisa de satisfacción do seu servizo de reserva de aulas

    A Escola / Venres, 10 de Maio de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública presenta os resultados dunha enquisa de satisfacción levada a cabo entre os usuarios do servizo de reservas de aulas da EGAP durante o ano 2012 no que se avaliou a satisfacción xeral co servizo, ao persoal responsable, a información dispoñible, a xestión das solicitudes e as instalacións.


    Na avaliación da satisfacción xeral co servizo acadouse unha puntuación do 8,8 sobre unha escala de 0 a 10.

    Máis polo miúdo analizáronse outras cuestións, como o persoal do servizo no cal se avaliou o trato e atención do persoal responsable (8,8), a disposición do persoal para brindar axuda (8,9) e a atención personalizada (8,8), entre outros factores. Ademais, os enquisados tamén valoraron a información que se lles deu sobre o servizo (8,5), a xestión das solicitudes (8,7) e as instalacións da Escola (8).

    Finalmente, onde mellor se exemplifican as boas avaliacións do servizo é na capacidade da EGAP para fidelizar os usuarios. Ao redor do 90% dos participantes na enquisa aseguran que volverían facer uso do servizo de reserva de instalacións e que mesmo llelo recomendarían a outros organismos e institucións.
  • Recursos
  •   Máis información  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 156 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212