Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca 23 cursos para o persoal da Administración de xustiza

    A Escola / Mércores, 15 de Maio de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no Diario Oficial de Galicia do 15 de maio de 2013 as accións formativas destinadas ao persoal da Administración de Xustiza de Galicia. Este plan porá en marcha un total de 23 actividades que darán formación a máis de mil persoas.


    Poderán acceder aos citados cursos os empregados públicos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de Xustiza en Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar; e os membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de Xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Prazo de matrícula: desde as 8 horas do 16 de maio ata as 14 horas do día 25
    Lugar de matrícula: https://egap.xunta.gal/matricula
    Número máximo de solicitudes por persoa: 5 (Aqueles solicitantes que presenten solicitudes para máis de cinco cursos serán excluídos automaticamente.)
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 157 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212