Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP conmemora o Día das Letras Galegas cunha mostra artística colectiva dos empregados públicos da Xunta

    A Escola / Mércores, 15 de Maio de 2013.

    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, participaron esta tarde na inauguración da IX Mostra colectiva das artes e das letras dos empregados da Administración autonómica, que se celebra na sede da EGAP.


    A exposición é o primeiro dunha serie de actos que a Escola Galega de Administración Pública porá en marcha co gallo do Día das Letras Galegas 2013, que este ano está dedicado ao autor e actor teatral compostelán Roberto Vidal Bolaño.

    Rueda destacou a traxectoria de Vidal Bolaño e a súa importancia para a profesionalización do teatro galego, aspectos que desenvolveu profundamente o profesor de Lingua galega e Literatura, Xosé Manuel Fernández Castro, nun relatorio sobre a traxectoria do homenaxeado.

    Os actos continuarán o vindeiro 17 de maio, cunha proxección no Salón de Actos da EGAP do filme Doentes, de Gustavo Balza, baseado na obra homónima de Vidal Bolaño. A continuación, terá lugar un paseo por Compostela guiado polo profesor Fernández Castro, que partirá da praza do Obradoiro e seguirá o mesmo recorrido que fan os dous personaxes principais da obra, Cañete e Don Valeriano.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 158 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212