O DOG de hoxe publica a resolución pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza, que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
Número de solicitudes dispoñibles por persoa para esta convocatoria: 1 (Serán excluídas automaticamente aquelas persoas que presenten máis dunha solicitude para esta convocatoria).
Cursos convocados: Linguaxe xurídica galega de nivel medio (3 edicións) e Linguaxe xurídica galega de nivel superior (3 edicións)
Prazas: 90 por curso (30 en cada edición)
Prazo: desde as 8 horas do 21 de maio ata as 14 horas do 30 de maio
Matrícula:
http://egap.xunta.gal/matricula/
Convocatoria:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130520/AnuncioO150-080513-0002_gl.html
Estas actividades formativas están dirixidas a xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; a letrados da Xunta de Galicia; a notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia; a profesores de linguaxe de signos e persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza; así como a aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.