A Escola Galega de Administración Pública convoca tres cursos de linguaxe xurídica galega (nivel medio e superior) para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que presten os seus servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas actividades formativas están dirixidas a maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data da dita resolución estean a prestar servizos efectivos fóra da comunidade autónoma de Galicia.
Cursos convocados: Linguaxe xurídica galega – nivel medio (unha edición) e Linguaxe xurídica galega – nivel superior (dúas edicións).
Modalidade: teleformación
Número de solicitudes dispoñibles por persoa para esta convocatoria: 1
Prazo: desde o 1 de maio ás 8.00 h ata o 31 de maio ás 14.00 h
Matrícula: https://egap.xunta.gal/matricula/login.php