Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP acolleu un congreso internacional sobre psicoloxía clínica

    A Escola / Luns, 10 de Xuño de 2013.

    Unhas 1000 persoas asistiron durante tres días ao congreso internacional sobre psicoloxía clínica organizado pola Asociación Española de Psicología Conductual en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, grazas a un convenio asinado entre as dúas entidades.


    Desde o pasado xoves ata o sábado a Escola Galega de Administración Pública acolleu nas súas instalacións o VI Congreso internacional e XI nacional de psicoloxía clínica que trouxo ata Santiago de Compostela a 1.000 profesionais procedentes de 24 países diferentes, entre os que se atopan expertos dos ámbitos sanitario, investigador e docente.

    Este evento foi posible grazas á colaboración de 64 entidades, entre asociacións e sociedades científicas de psicoloxía. Nel presentáronse un total de 772 traballos científicos.

    O congreso contou coa presenza de importantes persoeiros internacionais da psicoloxía como, Merry Bullock, a directora da Asociación Estadounidense de Psicoloxía, a máis importante do mundo; ou Geoffrey M. Reed, director da Clasificación dos trastornos mentais e do comportamento da Clasificación Internacional de Enfermidades da Organización Mundial da Saúde.

    A Asociación Española de Psicología Conductual

    A Asociación Española de Psicología Conductual (AEPC) organiza desde os anos 90 congresos nacionais e internacionais, cada ano nunha cidade diferente de España. A Escola Galega de Administración Pública acolleu este ano o primeiro destes eventos realizados en Galicia.

    Cómpre lembrar que a AEPC é o referente da psicoloxía clínica en España, recoñecida polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Psicólogos.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 165 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212