Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    García Morán, asesor xefe de Tecnoloxías da Información na Comisión Europea, pronunciará unha conferencia na EGAP

    A Escola / Luns, 10 de Xuño de 2013.

    Este mércores ás 17 horas, dentro do III Curso de Administración Electrónica organizado pola EGAP en colaboración co CPEIG, Francisco García Morán falará sobre o Contexto político e a organización en Tecnoloxías da Información na Comisión Europea.



    Lugar: Salón de actos da EGAP, Santiago de Compostela
    Data: 12 de xuño
    Hora: 17 horas
    Invitación: http://egap.xunta.gal/recursos/pdf/%5B1_1370868239%5Dinvitacion_garcia_moran.pdf

    García Morán, licenciado en Matemáticas pola Universidad de Sevilla e licenciado en Informática pola Universidad Politécnica de Madrid, iniciou a súa carreira como profesor e enxeñeiro informático da Universidad de Sevilla. Posteriormente, traballou durante varios anos nos departamentos de tecnoloxías da información do Ministerio de Educación y Ciencia e da Junta de Andalucía como responsable de informática de varios departamentos.

    Desde a súa incorporación á Comisión Europea, en novembro de 1986, traballou na área de tecnoloxías da información, primeiro na Dirección de Informática e posteriormente na Dirección Xeral de Tradución.

    No ano 2001 foi nomeado director de Informática da Dirección Xeral de Persoal e Administración. Ademais, foi responsable da creación da Dirección Xeral de Informática (DIGIT) en maio de 2004, da cal foi nomeado director xeral en novembro de 2005. Desde marzo de 2013 traballa como asesor da Comisión Europea como xefe de informática.

    Así mesmo, é membro do Consello de Administración de ENISA (Axencia Europea de Seguridade da Información) e membro do GEAN do Banco Mundial (de alto nivel do Grupo E da transformación).
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 166 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212