Nova oferta de cursos sobre xestión ambiental
Cursos / Mércores, 12 de Xuño de 2013.
GEODEM, Centro de Enxeñería e Innovación para o Desenvolvemento Ambiental cofinanciado pola Universidade de Vigo, ofrece cursos de educación ambiental en colaboración coa EGAP, grazas a un convenio de colaboración asinado entre estes dous organismos. As actividades formativas están relacionadas coa xestión forestal, o desenvolvemento sostible e o impacto ambiental, entre outros.