Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca o curso de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais

    A Escola / Luns, 1 de Xullo de 2013.

    Dentro das actividades programadas para o ano 2013, e de acordo co convenio de colaboración asinado o 30 de xaneiro de 2013 entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Traballo e Benestar para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación; convócase un curso de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais.


    Destinatarios: persoal funcionario dos grupos A1, A2 e C1 e persoal laboral dos grupos I e II, preferentemente con titulación universitaria (licenciatura ou grao correspondente) en dereito, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, educación social, relacións laborais, traballo social, ciencias políticas ou socioloxía.

    Duración: 120 horas (45 horas presenciais e 75 horas online)
    Datas: do 21 de outubro ao 13 de decembro de 2013.
    Horario: as clases presenciais terán lugar entre o 24 de outubro e o 29 de novembro: os xoves das 16.30 ás 19.30 horas e os venres das 8.30 ás 14.30 horas.
    Proba final: 13 de decembro
    Prazas: 40
    Prazo de solicitude: do 29 de xuño ás 8 horas ata o 8 de xullo ás 14 horas
    Matrícula: http://egap.xunta.gal/matricula
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 168 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212