Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A directora da EGAP clausura o curso de Especialista en Optimización de Activos Inmobles de Eirea

    A Escola / Venres, 12 de Xullo de 2013.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, clausurou o curso de Especialista en Optimización de Activos Inmobles, impartido por Eirea (European Institute Of Real Estate Analysis) en colaboración coa EGAP.


    Rodríguez-Campos resaltou a importancia do curso, xa que os sectores da construción, do urbanismo e do mercado inmobiliario supoñen un dos eixos principais da actividade produtiva e económica do país, e polo tanto, existe unha elevada demanda por parte dos sectores público e privado de profesionais cualificados neste eido.

    A directora da EGAP apuntou, ademais, que o ciclo formativo de Especialista en Optimización de Activos Inmobles axudou a formar a profesionais en aspectos legais, económicos e técnicos. Así, ensinouse a optimizar e pór en valor os activos inmobiliarios das administracións, a establecer un control sobre as carteiras de activos da administración ou o asesoramento tanto en inversións coma en desinversións.

    O curso estruturouse en catro módulos, cun total de 150 horas presenciais e outras 150 de estudo de casos prácticos máis un proxecto de fin de curso. O ciclo formativo estivo dirixido especialmente a arquitectos, enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, economistas e avogados.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 173 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212