Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e a Asociación de Fiscales asinan un convenio para colaborar en actividades formativas e divulgativas

    A Escola / Martes, 16 de Xullo de 2013.

    O convenio asinado expresa o interese de ambas as dúas partes por colaborar nos ámbitos formativo, divulgador e investigador, o cal redundará nunha mellora do cumprimento das súas respectivas funcións.


    Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013.- Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública, e Antonio Roma, representante da Asociación de Fiscales, asinaron esta mañá na sede da EGAP, en Santiago de Compostela, un convenio de colaboración para desenvolver actividades conxuntas.

    Así, as modalidades de colaboración previstas poderán consistir na programación de cursos, de xornadas, de seminarios e doutras actividades de divulgación; a edición conxunta de libros, doutras publicacións e de documentos de traballo; e a promoción da actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos. En concreto, está prevista a celebración dunha xornada titulada “Estatuto do Ministerio Fiscal e instrución penal”, na primeira quincena de outubro.

    Mediante a sinatura deste documento preténdese lograr unha maior eficiencia e eficacia na actuación dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada unha destas organizacións; favorecer as relacións entre ambos os dous colectivos; e informarlles sobre as novidades normativas.

    Ademais, cómpre lembrar que para o bo desenvolvemento das actividades obxecto do convenio establecerase unha comisión mixta, de composición paritaria, integrada por representantes de cada unha das institucións á que corresponderá a concreción, seguimento, interpretación e avaliación das accións que se poidan levar a cabo.

    A Asociación de Fiscales

    A Asociación de Fiscales naceu no ano 1980 como unha asociación profesional que ten como finalidades promover a defensa e a plena realización dos principios, dereitos e liberdades consagrados pola Constitución; lograr o perfeccionamento da Administración de xustiza como servizo público; promocionar o coñecemento da misión e funcións do Ministerio Fiscal; e velar pola obxectividade do sistema de ingreso na Carreira Fiscal; entre outras.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 174 de 1197
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212