Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de probas de acreditación das competencias dixitais en ofimática

    Cursos / Venres, 26 de Xullo de 2013.

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) poñen en marcha probas para obter a certificación galega de competencias dixitais dirixidas ao persoal ao servizo das administracións públicas na Comunidade Autónoma de Galicia.





    O contido das probas abranguerá materia de cinco unidades formativas relacionadas cos seguintes contidos:

    • Sistema operativo, busca de información: internet/intranet e correo electrónico.
    • Aplicacións informáticas de tratamento de textos.
    • Aplicacións informáticas de follas de cálculo.
    • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais.
    • Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información.

    Número de prazas: 200
    Destinatarios: o persoal ao servizo das administracións públicas na Comunidade Autónoma de Galicia que se encontre en situación de servizo activo, incapacidade temporal por maternidade ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.
    Data das probas: 10 e 11 de setembro, das 9 ás 15 horas
    Lugar das probas: sede da EGAP, Santiago de Compostela
    Matrícula: http://egap.xunta.gal/ofimatica
    Prazo de matrícula: desde as 8 horas do 27 de xullo ata as 14 horas do 15 de agosto
    Máis información: no teléfono 881 995 029 e no correo electrónico ofimatica@xunta.gal
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 180 de 1234
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212