A EGAP elabora unha enquisa para recoller propostas formativas
          
          Investigación / Venres,  2 de Agosto de 2013.
          
          De cara á elaboración do Plan de Formación do ano 2014, a EGAP quere coñecer as propostas de formación do persoal que integra a Administración autonómica. Por este motivo, pon en marcha un proceso de detección de necesidades formativas a través dunha enquisa na súa páxina web, na que os empregados públicos poderán expresar a súa preferencia acerca de temas de formación futuros.
          O dito proceso levarase a cabo a través dun cuestionario online no que os empregados públicos responderán a cuestións relativas a temas, iniciativas ou accións concretas que respondan a necesidades formativas que observen na actualidade ou que prevexan para un futuro próximo e os destinatarios aos que deberían ofrecerse eses cursos.
Esta medida permitiralle á Escola coñecer as necesidades formativas do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia referidas tanto a coñecementos transversais coma específicos. A información que se obteña permitirá definir un plan de acción para lograr un maior axuste na determinación das prioridades formativas, contribuíndo a ofrecer programas de calidade e adecuados aos requirimentos dos usuarios.
            	      
	      Tags: 
			Función pública Formación Administración