Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Continúa aberto o prazo de matrícula para o Curso superior de formación do técnico na Administración Local

    A Escola / Mércores, 9 de Outubro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 170, do 6 de setembro de 2013, o V Curso de Formación en Administración Local; unha actividade formativa realizada en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.


    Este curso ten como finalidade dar unha visión actualizada e completa, dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento do traballo do técnico no ámbito da Administración local. Ademais, busca afianzar os coñecementos dos técnicos que xa exercen as súas funcións neste sector, así como presentar de forma estruturada todas as materias que afectan ao día a día da Administración local.

    Número de prazas: 50
    Destinatarios: empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica coma local, e das universidades do Sistema universitario de Galicia (15 prazas); profesionais (15 prazas); enxeñeiros de camiños colexiados (15 prazas); e estudantes de enxeñaría de camiños, canais e portos precolexiados (5 prazas).
    Duración: 120 horas, entre entre o 10 de xaneiro e o 26 de abril de 2014
    Lugar: aula de formación do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, na praza da Milagrosa, núm. 2, entresollado, A Coruña.
    Horario: venres de 16.00 a 20.30 horas e sábados de 9.30 a 14.00 horas
    Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro
    Lugar de inscrición: http://egap.xunta.gal/cursoTecnicoLocal
    Máis información: PU14001

    O curso comezou, coa súa primeira edición, no ano 2007. Orixinalmente, o curso estaba dirixido exclusivamente aos enxeñeiros de camiños e aos alumnos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña. Non obstante, os organizadores do curso, conscientes de que o traballo municipal é interdisciplinar, consideraron conveniente abrir o curso a todo tipo de técnicos, especialmente aos funcionarios con habilitación de carácter nacional, posto que a incorporación de persoal responsable das funcións públicas necesarias e reservadas achegará, sen dúbida, unha nova perspectiva ao modo de tratar as materias do curso e logrará a interrelación entre todos os axentes do traballo municipal.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 185 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212