Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Continúa aberto o prazo de matrícula do Curso de Sistemas de Información Xeográfica 2013

    Cursos / Luns, 16 de setembro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convocaron no DOG núm. 142, do venres 26 de xullo de 2013, o Curso de Sistemas de Información Xeográfica 2013; unha actividade formativa realizada en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Dirección Xeral de Administración Local e o Instituto de Estudos do Territorio (IET).


    Os alumnos recibirán gratuitamente unha licenza do programa Arcgis 10.1 válida por un ano, que se lles instalará no seu portátil a aquelas persoas que prefiran seguir as clases prácticas co seu propio portátil.

    Número de prazas: 25
    Destinatarios: empregados públicos -do grupo A (subgrupos A1 e A2), dos grupos I e II do persoal laboral ou persoal eventual- (15 prazas), e profesionais con estudos superiores relacionados co eido de estudo (10 prazas).
    Duración: 244 horas, entre o 14 de outubro de 2013 e o 18 de xuño de 2014
    Lugar: Sede da EGAP, Santiago de Compostela
    Horario: luns e mércores das 16.00 ás 20.00 horas
    Prezo da matrícula: entre 1.100 e 2.000 euros
    Prazo de inscrición: ata o 30 de setembro
    Lugar de inscrición: http://egap.xunta.gal/cursoSig
    Máis información: PU13016

    O curso está deseñado para que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que os capaciten para aplicar solucións con información xeoespacial utilizando sistemas de información xeográfica na Administración. Combina o estudo dos fundamentos teóricos dunha ferramenta SIX cunha completa formación práctica no uso dos sistemas de información xeográfica co obxectivo de que os alumnos aprendan a xestionar a información xeoespacial de maneira eficiente, para obter os maiores beneficios posibles tanto na xestión do territorio coma na posta á disposición desa información. Ademais, este curso ten como obxectivo xeneralizar o uso dos SIX na Administración e que este tipo de tecnoloxías e as súas aplicacións se dean a coñecer á sociedade.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 188 de 733
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia