Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Un centenar de persoas comeza hoxe un curso online sobre igualdade e emprendemento

    Cursos / Luns, 16 de Setembro de 2013.

    Grazas á sinatura dun convenio de colaboración, a Escola Galega de Administración Pública e a Secretaría Xeral de Igualdade poñen en marcha esta actividade formativa, destinada ao persoal dos centros de información ás mulleres e da área de emprego e desenvolvemento local dos concellos.


    O obxectivo do curso, cunha duración de 60 horas, é o de formar, con perspectiva de xénero, sobre a promoción de emprego baixo a fórmula cooperativa, permitindo que o alumnado adquira as competencias necesarias para apoiar a creación de cooperativas baixo parámetros de igualdade.

    O curso divídese en dez módulos formativos, entre os que se abordarán asuntos como a definición da cooperativa e o seu marco normativo, o réxime económico e fiscal das cooperativas e os pasos para a súa posta en marcha, as claves para o acompañamento a un grupo promotor e os recursos útiles no traballo de promoción.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 189 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212