Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso medio de linguaxe administrativa galega para o persoal de INGACAL

    Cursos / Xoves, 19 de Setembro de 2013.

    En virtude do convenio de colaboración asinado o 15 de xaneiro de 2013 entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) ponse en marcha un curso online de Linguaxe administrativa galega (nivel medio).





    Para formalizar a inscrición será preciso acceder á Zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.gal/matricula) entre o 23 de setembro ás 8 horas e o 7 de outubro ás 14 horas.

    Código: CV13060
    Duración: 75 horas
    Prazas: 30
    Destinatarios: persoal de INGACAL
    Modalidade: teleformación (proba presencial final o día 11 de xaneiro)
    Datas: do 28 de outubro ao 22 de decembro

    Para poder solicitar a participación no curso de linguaxe administrativa galega de nivel medio deberá ter aprobado ou validado algún destes cursos: o Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria. As persoas seleccionadas deberán achegar esta documentación nos tres días seguintes á publicación da listaxe de admitidos.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 190 de 1211
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212