Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca un curso monográfico sobre a publicidade institucional

    Cursos / Xoves, 26 de Setembro de 2013.

    Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2013 convócase o Curso monográfico sobre publicidade institucional. Esta actividade finalidade formar os empregados públicos sobre a publicidade institucional, concretamente, aquela que realizan os diferentes entes (autonómicos e locais) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.



    Nesta liña, algúns dos máis prestixiosos especialistas na materia tentarán suscitar o debate sobre a comunicación institucional e a súa xurisprudencia e control.

    Destinatarios: Empregados públicos ao servizo das administracións públicas galegas, directivos e axentes de publicidade, directivos de medios de comunicación, representantes de axencias e medios, profesores universitarios, profesionais, estudantes de publicidade, universitarios e interesados en xeral.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
    Datas: 14, 15, 21 e 22 de outubro
    Horario: das 16.15 ás 20 horas
    Duración: 15 horas lectivas
    Solicitudes: enviar o anexo da convocatoria por rexistro, fax (981 546 330) ou correo electrónico (novas.egap@xunta.gal)
    Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11 de outubro de 2013
    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichacurso/index/7016 e no DOG do 26 de setembro de 2013
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 191 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212