Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xunta e Cogave imparten formación para directivos veciñais en seis cidades galegas

    A Escola / Venres, 27 de Setembro de 2013.

    A EGAP, en colaboración ca Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (Cogave) vén de poñer en marcha varios cursos de formación para directivos veciñais en seis cidades galegas


    A actividade está dirixida a uns 100 directivos, presidentes e secretarios de asociacións veciñais federadas de toda Galicia e impartirase nas localidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol, co obxectivo fundamental de ofrecer aos asistentes unha formación que abranga os distintos aspectos que se teñen que ter en conta á hora de xestionar unha asociación de veciños. Por este motivo, o curso divídese en cinco bloques temáticos: informática, contabilidade, protocolo, o procedemento administrativo, e axudas e subvencións.

    Esta actividade realízase en virtude dun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza -a través da Dirección Xeral de Administración Local-, Cogave e a Escola Galega de Administración Pública.

    A Confederación Galega de Asociacións Veciñais aglutina a Federacións Veciñais das catro provincias e representa a máis de 400 Asociacións Veciñais de toda Galicia.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 192 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212