Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca dous cursos para o persoal que presta servizos nas residencias de maiores

    Cursos / Martes, 1 de Outubro de 2013.

    Grazas á sinatura dun convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U. van organizar dous cursos sobre prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.



    CV13064: Prevención de riscos laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación (Residencias de Maiores).


    Duración: 12 horas Prazas: 105
    Destinatarios: persoal que presta servizos nas residencias de maiores da Xunta de Galicia.
    Localidade: A Coruña
    Lugar: Residencia de Maiores "Torrente Ballester" – Orillamar R/ Manuel García Canzobre 2 - 15002 A Coruña
    Datas: 26 e 27 de novembro de 2013.
    Horario: de 8.00 a 21.00 horas
    Matrícula: a través da zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.gal/matrícula/) dende as 08.00 horas do día 2 de outubro ata as 14.00 horas do día 21 de outubro.


    CV13063: Prevención de riscos laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación (Residencias de Maiores) (Refresco).

    Duración: 6 horas
    Prazas: 150
    Destinatarios: persoal que presta servizos nas residencias de maiores da Xunta de Galicia.
    Localidades, lugares, datas e horario:
    Santiago de Compostela: Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro. R/ Idelfonso Sánchez Mera - 15706 Santiago de Compostela. Do 29 ao 31 de outubro de 2013, de 08:00 a 14:00 horas.
    Vigo: Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes. Monte Arieiro, s/n - 36214 Vigo. Do 5 ao 7 de novembro de 2013, de 08:00 a 14:00 horas.
    Pontevedra: Residencia de Maiores de Pontevedra. R/ Fernández Ladreda, 26 - 36003-Pontevedra. Do 12 ao 13 de novembro de 2013, de 08:00 a 14:00 horas.
    Ourense: Residencia de Maiores "Nosa Sra. dos Miragres" Barbadás. Estrada de Piñor, s/n - 32890 Barbadás. Do 19 ao 21 de novembro de 2013, de 08:00 a 14:00 horas.
    Matrícula: a través da zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.gal/matrícula/) dende as 08.00 horas do día 2 de outubro ata as 14.00 horas do día 21 de outubro.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 193 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212