Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP organiza un curso de linguaxe administrativa galega para o persoal da ACSUG

    A Escola / Xoves, 3 de Outubro de 2013.

    En virtude dun convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), ponse en marcha un curso medio de linguaxe administrativa galega, que se desenvolverá coas características seguintes:


    Duración: 75 horas
    Prazas: 30
    Destinatarios: persoal ao servizo da ACSUG.
    Modalidade: teleformación
    Datas: do 28 de outubro ao 22 de decembro de 2013 (a proba final realizarase o día 11/01/2014)
    Matrícula: a través da Zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.gal/matricula) desde as 08.00 horas do día 4 de outubro ata as 14.00 horas do día 10 de outubro.
    Máis información: CV13067

    Todos os participantes do curso de linguaxe administrativa galega de nivel medio deberán ter aprobado ou validado algún destes cursos: o celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

    As persoas seleccionadas deberán achegar esta documentación nos tres días seguintes á publicación da listaxe de seleccionados.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 194 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212