Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP publica unha nova monografía dedicada á xestión dos servizos públicos

    Publicacións / Venres, 18 de Outubro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública engade ao seu catálogo de publicacións unha nova monografía titulada De la administración a la gestión de los servicios públicos, a cal xa se pode descargar de balde da páxina web.


    Esta publicación foi redactada polos profesores Manuel Octavio del Campo Villares (Universidade da Coruña) e Francisco Jesús Ferreiro Seoane (Universidades da Coruña e Santiago de Compostela). A través das páxinas desta publicación os seus autores fan unha análise profunda da idea de xestión pública, estudando todos os conceptos que poidan influír neste eido, como as demandas cidadás, o uso de indicadores ou os factores económicos.

    A dita publicación está dispoñible para a súa descarga de xeito gratuíto no apartado de Publicacións da páxina web da Escola Galega de Administración Pública (http://egap.xunta.gal/Documentos/Publicacions/%5B1382099887%5Dpublic_97.pdf)
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 199 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212