Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia asinan un convenio de colaboración

    A Escola / Mércores, 16 de Outubro de 2013.

    Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública, e Carlos Nárdiz, decano da Demarcación de Galicia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, asinaron esta tarde na sede da EGAP, en Santiago de Compostela, un convenio de colaboración para levar a cabo actividades conxuntas.


    Así, as modalidades de colaboración previstas poderán consistir na programación de cursos, de xornadas, de seminarios e doutras actividades de divulgación; a edición conxunta de libros, doutras publicacións e de documentos de traballo; e a promoción da actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos. En concreto, está prevista a celebración dunha xornada titulada “Estatuto do Ministerio Fiscal e instrución penal”, na primeira quincena de outubro.

    Mediante a sinatura deste documento preténdese lograr unha maior eficiencia e eficacia na actuación dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada unha destas organizacións; favorecer as relacións entre ambos os dous colectivos; e informarlles sobre as novidades normativas. O convenio expresa o interese de ambas as dúas partes por colaborar nos ámbitos formativo, divulgador e investigador, o cal redundará nunha mellora do cumprimento das súas respectivas funcións.

    Ademais, cómpre lembrar que para o bo desenvolvemento das actividades obxecto do convenio establecerase unha comisión mixta, de composición paritaria, integrada por representantes de cada unha das institucións á que corresponderá a concreción, seguimento, interpretación e avaliación das accións que se poidan levar a cabo.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 198 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212