Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A directora da EGAP e Carlos Lema inauguran o curso monográfico de publicidade institucional

    A Escola / Mércores, 16 de Outubro de 2013.

    Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública, e Carlos Lema, catedrático de Dereito mercantil da Universidade Complutense de Madrid, inauguraron o curso monográfico de publicidade institucional, que terá continuidade durante os días 21 e 22 de outubro.


    Durante as dúas primeiras xornadas da actividade, numerosos expertos debateron sobre as cuestións máis relevantes do tema proposto. Así, o luns Marcos Almeida ofreceu aos asistentes unha completa introdución sobre a comunicación dentro do eido administrativo, Carlos Lema deu un relatorio sobre os principios reitores da publicidade institucional e Anxo Tato centrou a súa intervención nos suxeitos publicitarios.

    Finalmente, a xornada do martes estivo centrada na lexislación que afecta á publicidade institucional, onde Álvaro Porras explicou as disposicións xerais e Beatriz Patiño as leis autonómicas.

    Todas estas intervencións e as que terán lugar a próxima semana poderán ser visualizadas proximamente na nosa páxina web, no apartado de EGAP Aberta.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 197 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212