Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre accesibilidade universal aplicada: vías, espazos públicos e mobilidade accesible

    A Escola / Venres, 11 de Outubro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia convocan un curso sobre accesibilidade universal destinado, principalmente, a técnicos que traballen no eido do urbanismo municipal.


    Esta actividade ten como finalidade que o alumnado poida favorecer a accesibilidade en vías e espazos públicos a través dun deseño urbano que se adapte á lexislación vixente. Ademais, pretende dar a coñecer as novidades normativas e as innovacións tecnolóxicas e materiais que se produciran neste campo.

    Por todo o anterior, este curso quere dar a coñecer tanto a parte teórica, cos conceptos claves que se han de ter en conta e expoñer exemplos de boas prácticas e de actuacións correctas no ámbito da accesibilidade en vías e espazos públicos.

    Destinatarios: técnicos que realicen proxectos de urbanización ou participen na súa redacción, técnicos e secretarios municipais e estudantes universitarios.
    Modalidade: unha parte en teleformación (do 27 de setembro ao 18 de decembro) e outra presencial (13 de novembro das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas).
    Duración: 60 horas
    Número de prazas: 50
    Máis información: PU13018
    Matrícula: a través da web http://www.ciccpgalicia.es ata o 12 de novembro
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 196 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212