Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O CPEIG organiza un curso sobre a comunicación oral no eido empresarial

    Cursos / Luns, 4 de Novembro de 2013.

    O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), co obxectivo de promover a innovación en aspectos relacionados coa comunicación oral no ámbito empresarial, organiza unha conferencia-obradoiro para fomentar competencias, habilidades e coñecer metodoloxías complementarias que axudarán a coñecer o "poder da palabra".


    A conferencia terá lugar o venres 8 de novembro ás 19 horas no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública e para asistir é preciso inscribirse no seguinte enderezo web: http://www.cpeig.org/portal/expres-arte

    Esta charla será impartida por Iñigo Sáenz de Urturi, un home dinámico, enérxico, buscador incansable da esencia que une aos seres humanos: a comunicación interpersoal. Á temperá idade de 18 anos, desenvolveu a súa primeira formación en oratoria no prestixioso «Dale Carnegie Institute» compaxinándoa cos seus estudos de Enxeñaría Electrónica. A súa carreira como mago profesional durante máis de 28 anos, concédelle un grao de entendemento dos patróns da comunicación humana que unido á súa experiencia en dirección comercial e xerencia da súa propia empresa desde o ano 2000 conforman unha amálgama singular que lle outorgou, en palabras da súa audiencia, o sobrenome de «O mago da comunicación».
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 202 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212