Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca unhas xornadas sobre a incidencia da nova lexislación de costas e ordenación do litoral

    A Escola / Luns, 28 de Outubro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra (Cosital Pontevedra) e coa Dirección Xeral de Administración Local, poñen en marcha unhas xornadas sobre a incidencia da nova lexislación de costas e ordenación do litoral que teñen como obxectivo analizar os aspectos máis relevantes e innovadores da normativa.


    Destinatarios: persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia
    Lugar: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, r/ Fernández Ladreda, 43, Pontevedra
    Datas: 7 e 8 de novembro de 2013
    Horario: 7 de novembro: tarde, 8 de novembro: mañá e tarde
    Duración: 12 horas lectivas
    Solicitudes: encher o anexo da convocatoria e envialo por rexistro, por fax (981 546 330) ou por correo electrónico (novas.egap@xunta.gal)
    Prazo: ata o 5 de novembro
    Matrícula: Os solicitantes deberán ingresar, como cota de inscrición, vinte euros (20 €) na conta bancaria do Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra número 0182 6246 36 0201500211 e deberán achegar o xustificante de pagamento xunto coa instancia. As solicitudes que non acheguen este xustificante de pagamento serán excluídas. Estarán exentos de pagamento, non obstante, os solicitantes colexiados do Colexio Territorial,de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra.
    Máis información: PU13019
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 201 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212