Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A directora da EGAP inaugura un seminario científico sobre a reforma administrativa

    A Escola / Venres, 8 de Novembro de 2013.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta mañá un seminario dirixido a concretar as reformas necesarias para racionalizar e facer máis eficientes as nosas administracións, simplificar o seu funcionamento e, indo máis alá, facer sostible o Estado autonómico no actual contexto. Para iso, contou con xuristas e académicos expertos, en todo caso, nas materias nas que se estruturou o dito seminario.


    En concreto, nesta actividade abordouse, en primeiro lugar, a garantía da transparencia administrativa baseándose na avaliación das entidades instrumentais e na participación cidadá; en segundo, a simplificación e a racionalización das administracións públicas, facendo fincapé no exemplo de Galicia; en terceiro, os cambios e as reformas do emprego público; e en cuarto a reforma da Administración local, no que se analizou a reordenación das competencias actuais.

    Por último, cómpre destacar que, dada a relevancia do tema tratado, as conclusións alcanzadas durante este seminario serán recollidas nun volume colectivo. Esta publicación correrá a cargo da Escola Galega de Administración Pública e daráselle difusión dentro do ámbito das administracións galegas.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 204 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212