Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A directora da EGAP inaugura un curso de disciplina urbanística en colaboración coa APLU

    A Escola / Luns, 11 de Novembro de 2013.

    Esta mañá, na Escola Galega de Administración Pública, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, asistiron ao inicio dun curso de disciplina urbanística dirixido en exclusiva a axentes do Servizo de protección da natureza da Garda Civil e a axentes da Policía Nacional.


    Durante o acto de inauguración, Sonia Rodríguez-Campos salientou a colaboración da Escola coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas dado importante papel da APLU na preservación do patrimonio natural e cultural de Galicia, evitando a ocupación indiscriminada do territorio e a degradación da identidade territorial.

    Pola súa banda, Agustín Hernández, manifestou que entre a cidadanía hai unha crecente preocupación que se reflicte nunha colaboración activa coa Axencia, o que da lugar a un incremento da función inspectora que se traduce nun maior número de expedientes informativos e de reposición da legalidade. Sinalou que só nos nove primeiros meses do anos se incrementaron un 13% respecto do mesmo período do ano anterior.

    O curso sobre a disciplina urbanística dirixido aos efectivos das forzas e corpos de seguridade do Estado, inaugurado esta mañá, é unha actividade formativa na que participarán medio centenar de axentes, co obxectivo de actualizar a súa formación e coñecementos en materia urbanística que se prolongará durante cinco xornadas.

    Nel abordarase, entre outros aspectos, a evolución histórica da lexislación española e autonómica, facendo unha mención especial ao marco legal de aplicación na nosa Comunidade Autónoma, principalmente no relativo ao eido do solo rústico e de servidume de costas, e as funcións de inspección e reposición da legalidade urbanística así como a execución forzosa das ordes de demolición.

    As materias serán analizadas por diversos profesionais especializados en cada unha das áreas que comporta o programa, entre eles, e no ámbito do planeamento, a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas e no ámbito penal, Antonio Roma Valdés, fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 205 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212