Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7   Imagen 3 de 7  

    Un curso da EGAP e o CICCP amosa aos alumnos as barreiras arquitectónicas do entorno urbano

    A Escola / Mércores, 13 de Novembro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta mañá a xornada presencial do Curso sobre accesibilidade universal aplicada: vías, espazos públicos e mobilidade accesible, organizado en colaboración co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia.


    Á inauguración desta actividade asistiron Sonia Rodríguez-Campos, a directora da EGAP; Carlos Nárdiz, decano co CICCP; María Pardo, concelleira delegada da Área de desenvolvemento urbano sostible do Concello de Santiago; e María Castelao, concelleira delegada da Área de servizos sociais do Concello de Santiago.

    Durante este acto a directora da EGAP salientou a importancia deste curso, xa que lle permitirá ao alumnado afrontar con responsabilidade as grandes transformacións urbanas a través dun exercicio da profesión máis racional e responsable. Ademais, destacou que a formación neste ámbito é indispensable para que os profesionais poidan transformar as cidades, aplicando as solucións máis adecuadas para mellorar a accesibilidade aos espazos públicos.

    A finalidade deste curso, levado a cabo de xeito semipresencial, é profundar nos aspectos legais (estatais, autonómicos e locais) e funcionais que inflúen na accesibilidade no deseño urbano. A necesidade de adaptar os espazos públicos á diversidade humana fai imprescindible que tanto os técnicos que deseñan os espazos como as persoas da Administración responsables de garantir a accesibilidade coñezan a normativa de aplicación e as innovacións que poidan producirse neste eido.

    Para conseguir estes obxectivos e conseguir unha maior concienciación, os alumnos experimentaron unha situación temporal de incapacidade grazas aos materiais cedidos por COGAMI e a ONCE. Durante esta actividade percorreron a contorna da EGAP en cadeiras de rodas ou con antefaces e bastóns para que puideran coñecer de primeira man as dificultades que atopan a diario as persoas con discapacidade.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 206 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212