Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso técnico sobre construción e explotación de vertedoiros

    A Escola / Venres, 15 de Novembro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, e segundo o convenio asinado entre ambos os dous organismos, convoca o Curso técnico sobre construción e explotación de vertedoiros. Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regula a construción e a xestión dos vertedoiros na Comunidade Autónoma de Galicia.


    Na orde están recollidos os criterios de deseño, construción e explotación dos vertedoiros en Galicia. O obxecto deste curso técnico será dar a coñecer e afondar nestes criterios, con responsables da Administración autonómica, a través da Secretaría Xeral de Calidade Ambiental, técnicos redactores de proxectos de vertedoiros e responsables de empresas explotadoras.

    Destinatarios: Profesionais que desexen coñecer da man de técnicos da Administración a orde que regula a construción e xestión de vertedoiros e ter ao mesmo tempo a visión que achegan os proxectistas e responsables da súa xestión. Proxectistas, directores de obra, xefes de obra, xefes de oficina técnica, coordinadores de seguridade e saúde etc., que queiran coñecer o seu papel nos diferentes ámbitos de traballo do deseño, construción e explotación de vertedoiros. Estudantes de enxeñaría.
    Lugar: sede da EGAP, Santiago de Compostela
    Datas: 9 e 10 de decembro en horario de mañá e tarde
    Duración: 16 horas
    Matrícula: ata o 4 de decembro a través do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia (http://www.ciccpgalicia.es)
    Máis información: PU13020
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 208 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212