Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A directora da EGAP inaugura unha xornada sobre xestión de proxectos financiados con fondos europeos

    A Escola / Venres, 15 de Novembro de 2013.

    A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inauguraron esta mañá unha xornada sobre o novo período de financiamento comunitario.


    A xornada “Novo período de financiamento comunitario 2014-2020: cara a un novo modelo de xestión” foi organizada pola Fundación Galicia Europa e a Escola Galega de Administración Pública e está especificamente dirixida ao persoal técnico da Xunta de Galicia encargado de xestionar proxectos financiados con fondos europeos, aos que se lle achegarán as principais novidades do novo período de programación orzamentaria.

    O programa centrarase nos cambios máis importantes respecto ao deseño da política de cohesión a partir de 2014, con especial fincapé nos diversos fondos estruturais, e servirá para informar sobre a nova xeración de programas de xestión directa, como o Life+, Europa Creativa ou o programa para o Cambio e a Innovación Sociais (EaSI); que se porán en marcha no próximo período financeiro, e aos que tamén se poderán acoller os distintos departamentos autonómicos para o financiamento de proxectos.

    No acto de inauguración, ademais do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, tamén participaron a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez Campos, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, que tamén é o director da Fundación Galicia Europa.

    Durante a Xornada, a directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, e o subdirector xeral de Planificación da Consellería de Facenda, Ángel Tarrío, analizarán as principais consecuencias para Galicia do novo período de financiamento comunitario, así como a actual situación das negociacións en relación co procedemento de programación dos fondos estruturais.

    A directora da Área de Crecemento e Valoración da Axencia Galega de Innovación, Pilar Morgade Saavedra, explicará aos asistentes a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia. O seguinte relatorio, impartido por Maite Carracedo Taboada, directora xeral en España da consultora Econet, proporcionará unha panorámica sobre a política europea de cohesión 2014-2020 e os fondos estruturais (FEDER, FSE, etc.), incidindo nas principais novidades e as prioridades de intervención.

    Pola súa banda, directora xeral de Produción Agropecuaria e do Fondo Galego de Garantía Agraria, Patricia Ulloa, e o secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro; ambos membros da Consellería do Medio Rural e do Mar, exporán as novidades da Política Agrícola Común (PAC) e da Política Pesqueira Común (PPC) no contexto do novo marco orzamentario.

    Os programas de xestión directa e o programa Horizon 2020 ocuparán a parte final da xornada, e serán analizados pola directora territorial da Zona Norte de Econet, Graciela Garrido Grela.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 209 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212