Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    III Curso formativo de ferramentas de compra pública responsable

    A Escola / Luns, 18 de Novembro de 2013.

    A Asociación Galega AMARANTE Setem organiza, en colaboración Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, o III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable que terá lugar durante os días 27 e 28 de novembro de 2013 na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.


    O actual sistema económico, que prima o beneficio económico sobre os dereitos das persoas, sexan traballadoras ou consumidoras, así como do medio ambiente está a provocar un crecente esgotamento dos recursos naturais, o despoboamento rural, a explotación laboral e o desemprego, dificultades para implementar servizos de benestar social e inestabilidade política. Por iso, é importante promover un debate sobre as condicións nas que son producidos os bens que consumimos, para ser conscientes do que hai tras cada produto e quen é o depositario final do beneficio.

    Con estas xornadas preténdese achegar á administración pública galega ferramentas e exemplos de boas prácticas de compra pública responsable na implementación de políticas de contratación acordes con valores de xustiza social e medioambiental. Ademais, quérese conseguir que as universidades, as organizacións sociais e as empresas coñezan estes mecanismos dos que xa se está dotando a administración para garantir os ditos valores.

    Obxectivo: achegar ferramentas técnicas e exemplos de boas prácticas para a implantación de criterios sociais, ambientais e éticos nos trámites de contratación de produtos e servizos das administración galegas (de ámbito galego, deputacións e concellos).

    Destinatarios: empregados das deputacións e concellos, profesorado e alumnado interesado en traballar esta temática, organizacións sociais interesadas en potenciar esta área de traballo e/ou realizar incidencia nesta temática, e empresas que queiran coñecer as novas esixencias de cara ás licitacións públicas.

    Datas: mércores 27 en horario de 9:30 a 19:00 e xoves 28 de 9:00 a 14:00 horas

    Inscrición en: AMARANTE Setem Tfno. 986 848 159 central@amarantesetem.org

    Período de inscrición: do 13 de novembro ao 26 de novembro
  • Recursos
  •   Programa do curso  
  •   Información detalla do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 210 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212