Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola celebra unhas xornadas sobre mediación

    A Escola / Venres, 29 de Novembro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta mañá unha xornada sobre a mediación como vía para resolver conflitos, organizada pola Unión Profesional de Galicia. Á inauguración desta actividade asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Juan José Martín, director xeral de Xustiza; e José Mª Arrojo, presidente de Unión Profesional de Galicia.


    No desenvolvemento deste acto a directora da EGAP destacou a implantación de novos modelos de resolución de conflitos, os cales evitan acudir a institucións que, pola súa estrutura, forma de actuar e dependencia, están suxeitas a unha normativa excesivamente ríxida. Ademais, lembrou que a mediación xa é unha realidade en Europa e que en España, aínda que algo tarde, a súa implantación se acelerou progresivamente ata converterse nunha alternativa que espertou grande entusiasmo.

    Este encontro, ao que acudiron profesionais de toda Galicia, serviu para analizar e debater as reformas que o goberno central pretende levar a cabo para potenciar a vía da mediación a través dos colexios profesionais.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 211 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212