Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A directora da EGAP e a conselleira do Medio Rural e do Mar inauguran unha xornada sobre a xestión portuaria

    A Escola / Martes, 3 de Decembro de 2013.

    A Xunta de Galicia traballa na consecución dun consenso social para a redacción e aprobación da primeira lei autonómica para a xestión e administración do sistema portuario. Así o manifestou hoxe a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na inauguración da xornada de posta en común sobre as directrices que deberán rexer a futura normativa, celebrada na Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela.


    Durante este acto, Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP, resaltou a relevancia destas xornadas, debido a que Galicia é a comunidade autónoma con máis quilómetros de costa. “Os seus máis de mil setecentos quilómetros constitúen unha característica que, dalgunha forma, configuran a súa realidade, provocando un importante impacto nos ámbitos económico, turístico, ambiental e no urbanístico”.

    Pola súa banda Quintana, ante máis dun centenar de representantes da comunidade portuaria, reseñou que o Goberno Galego está a cumprir co seu compromiso de “sacar adiante unha lexislación autonómica para regular a actividade portuaria. Unha tarefa complexa dado o grande e diverso ámbito de aplicación, que abarca o conxunto dos 123 portos de titularidade autonómica e todas as tarefas que se desenvolven nel: a actividade profesional, a náutica recreativa, a actividade comercial e os usos complementarios vencellados ao litoral”.

    A conselleira do Medio Rural e do Mar afirmou que a lei na que está a traballar xa o seu departamento, a través de Portos de Galicia, deberá ser unha lei “eficaz, realista e de consenso”. Neste sentido solicitou a participación activa na súa definición de todos os colectivos e sectores que conforman a comunidade portuaria e que estiveron representados na xornada de hoxe na EGAP. “Temos establecido un reto de grande envergadura que require un grande esforzo fundamentalmente dende o Goberno autonómico, pero que queremos desenvolver da vosa man”, asegurou e concluíu que dende a Xunta de Galicia existe o convencemento “de que imos obter o resultado que esperamos: unha ferramenta legal que mellore a calidade do traballo e da actividade recreativa das mulleres e homes do mar”.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 212 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212