Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O INAP organiza na Coruña unha xornada sobre innovación social

    A Escola / Martes, 3 de Decembro de 2013.

    O próximo mércores 11 de decembro terá lugar no Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia da Coruña unha Xornada de innovación social organizada polo Instituto Nacional de Administraciones Públicas (INAP) e o Consello Social da Universidade da Coruña.


    Este evento nace coa vocación de ser un foro aberto para compartir experiencias ao redor do concepto de innovación social e para analizar a súa adaptación á sociedade actual. A través de dúas mesas redondas, nas que participarán profesionais do eido público e profesionais relacionados con proxectos emprendedores de éxito, promoveranse a reflexión e o debate sobre cómo acadar melloras cidadás a partir da posta en común de ideas, técnicas e experiencias profesionais.

    A innovación social converteuse nunha das sete iniciativas emblemáticas da Estratexia Europa 2020 que impulsa a Comisión Europea para lograr un desenvolvemento sostible, xusto e ecolóxico. A crise e a escaseza de recursos obrigan os poderes públicos a buscar novas fórmulas que satisfagan os problemas sociais e que, ao mesmo tempo, impliquen un cambio nas relacións sociais e fortalezan o empoderamento cidadán. A Universidade, na súa interrelación coa sociedade, dentro do que adoita denominarse terceira misión, favorece a innovación social como elemento de transformación. Na Xornada de Innovación Social da Coruña debateranse as distintas perspectivas de innovación social a través das achegas de seis prácticas exitosas neste eido.

    Máis información: http://www.innapinnova.org/evento-2013/jornada-de-innovacion-social-de-a-coruna/
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 213 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212