Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca un curso sobre as novas instrucións de contabilidade local

    A Escola / Luns, 9 de Decembro de 2013.

    A partir do 1 de xaneiro de 2015 entrarán en vigor as novas instrucións de contabilidade local, recentemente aprobadas mediante distintas ordes do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que serán de aplicación para as entidades locais, os seus organismos autónomos, sociedades mercantís locais e entidades públicas empresariais locais, nos termos que ao respecto se establecen na propia instrución.


    Por este motivo, a Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, convoca un curso sobre as novas instrucións de contabilidade local, para dar a coñecer as novidades máis relevantes que incorporan as novas instrucións, con especial referencia ao modelo normal.

    Prazas: 40
    Destinatarios: interventores, tesoureiros, secretarios-interventores, empregados públicos dos grupos A1 ou A2 e persoal laboral asimilado da Administración local de Galicia, con competencias en materia contable.
    Modalidade: semipresencial (20 horas presenciais e 20 horas de teleformación) Datas presenciais: 20 horas entre o 9 de xaneiro e o 20 de febreiro, todos os xoves, desde as 16.30 ás 20.00 h.
    Importe da matrícula: 125 euros
    Presentación de solicitudes: ata o 20 de decembro en http://egap.xunta.gal/cursoContabilidadLocal
    Máis información: PU14002
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 215 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212