Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP presenta o seu plan formativo para o ano 2014 no Consello Reitor

    A Escola / Xoves, 19 de Decembro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública ofrecerá máis de 16.000 prazas formativas para os empregados da Administración autonómica ao longo de 2014, o que supón un incremento do cinco por cento con respecto ao 2013. Así se recolle no Plan de Formación para o vindeiro ano que a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, presentou onte ao Consello Reitor, presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.


    O programa formativo aprobado consta de máis de 400 actividades, das que case a metade -o 46 por cento- ofértanse baixo a modalidade de teleformación. Esta porcentaxe ratifica a aposta da Xunta pola formación on line aproveitando as posibilidades que ofrecen as novas ferramentas tecnolóxicas ao tempo que se contribúe a conciliación da vida laboral e a familiar dos empregados públicos. Na modalidade presencial impartiranse case o 25 por cento dos cursos, mentres preto do 22 por cento serán probas libres e o resto autoformación e modalidade mixta. Así mesmo, e EGAP aposta novamente pola actualizacións dos contidos, que será dun 41% nas materias transversais e un 67% nas específicas.

    No que atinxe aos contidos, cómpre subliñar un ano máis a importancia da formación en Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), dentro da cal se encadra a Certificación Galega en competencias dixitais en ofimática. A este respecto, entre cursos e probas libres específicas haberá un total de 6.000 prazas dispoñibles para a obtención da dita Certificación, para o cal se contará coa colaboración da Amtega.

    Canto á formación en linguas, mantense actividade en linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, cun total de 33 cursos e case 1.000 prazas. E seguen a impartirse cursos nas principais linguas estranxeiras, con preto de 1.500 prazas para inglés, francés e portugués.

    Doutra banda, e tendo en conta o éxito dos cursos ofertados baixo a modalidade de autoformación por primeira vez este ano, o Plan de Formación para 2014 afianza esta canle de formación cunhas 1.000 prazas repartidas en cursos específicos sobre distintos programas informáticos, uso da web 2.0, administración electrónica, contratos administrativos e redacción de documentos, entre outros.

    Ás actividades ofertadas pola EGAP poderán acceder os empregados públicos destinados na Administración autonómica. Cómpre lembrar que o persoal docente da Consellería de Educación e o persoal sanitario -a non ser que desempeñen postos na Administración Xeral- queda excluído destas convocatorias porque xa dispón de convocatorias propias e exclusivas de formación continua.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 216 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212