Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP publica o plan de formación para o ano 2014

    A Escola / Xoves, 26 de Decembro de 2013.

    Por vez primeira, a Escola recolle nun único documento as actividades formativas previstas para o ano 2014 destinadas ao persoal das Administracións autonómica, de xustiza e local; establecendo as principais áreas formativas que constitúen o marco xeral para mellorar a cualificación e a capacitación profesional dos traballadores de cada un destes ámbitos.



    Este plan de formación suporá a realización dun total de 406 edicións para o persoal da Administración autonómica con 16.071 prazas, 28 edicións e 1.360 prazas para o da Administración de xustiza e 10 edicións e 500 prazas para o da Administración local.

    Canto aos contidos, o plan publicado hoxe é o resultado dun proceso de análise das necesidades formativas, da demanda rexistrada nos cursos e da avaliación das actividades feita polo propio alumnado. Como consecuencia preséntase unha programación estruturada en accións formativas transversais, que ofrecen un currículo básico sobre habilidades e coñecementos xenéricos, e accións específicas, que están relacionadas directamente coa adaptación permanente ao posto de traballo.

    Dentro deste documento, un ano máis, destaca a profunda renovación das actividades cunha porcentaxe de títulos novos do 41% na formación transversal e do 67% na formación específica. Con isto, a EGAP trata de reforzar a aprendizaxe de coñecementos naqueles ámbitos que, polo seu carácter estratéxico e innovador, teñen un maior impacto na cidadanía. Así, conséguese ofrecer formación sobre aspectos que ofrecen novidade e, ao mesmo tempo, tratar aquelas materias con transcendencia e utilidade para o traballo diario dos empregados públicos.

    No relativo ás modalidades formativas, cómpre destacar a continuación do programa de autoformación iniciado no ano 2013, xa que supón o aproveitamento dos recursos dos que dispón a Escola, e a programación dunha elevada porcentaxe de títulos en teleformación.
  • Recursos
  •   01- Plan de Formación Continua do persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 217 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212