Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Alfonso Rueda anuncia a reforma da Lei da Administración local de Galicia nun curso da EGAP dirixido aos seus técnicos

    Cursos / Xoves, 9 de Xaneiro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública celebrou o inicio do curso de Contabilidade pública local, que ten como obxectivo formar os técnicos das entidades municipais para que poidan adaptarse á nova normativa que entrará en vigor no ano 2015.


    Á inauguración desta actividade asistiron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; Alberto Pazos, director xeral de Administración local; e Francisco López, profesor titular da Universidade de Vigo e director do curso.

    Durante a presentación desta actividade, anunciou a reforma da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, resaltando a vontade da Xunta de Galicia de colaborar con todos os implicados neste proceso. Además, destacou a importancia que ten nestes momentos a formación, ao converterse nun elemento fundamental para que os empregados públicos poidan realizar correctamente o seu labor diario.

    Pola súa parte, Sonia Rodríguez-Campos destacou a importancia do reto ao que deberán enfrontarse as entidades municipais ante o futuro proceso de reforma e racionalización administrativa. Neste sentido, lembrou o papel esencial que xoga a formación para afrontar os cambios no eido público, coma no caso do curso inaugurado, que lles permitirá aos técnicos locais realizar de manera máis eficaz o seu traballo diario e lles facilitará a adaptación á nova normativa contable.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 218 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212