A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) poñen en marcha tres cursos en teleformación de ofimática grazas á sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas entidades. Estas actividades están dirixidas aos empregados do Ingacal e ao persoal ao servizo da Administración autonómica da Xunta de Galicia que desenvolva as súas funcións nos centros coordinados polo Ingacal.
          Para inscribirse nos cursos será necesario formalizar a matrícula no seguinte enderezo 
https://egap.xunta.gal/matricula entre as 8 horas do 13 de xaneiro e as 14 horas do 19 de xaneiro.
Cursos ofertados:
CV14001: Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office 2010): 
  -  Duración: 50 horas
  -  Prazas: 50
  -  Datas: entre o 27 de xaneiro e o 17 de marzo. Exame final o 24 de marzo na EGAP.
  -  Máis información: 
CV14001
CV14002: Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office 2010):
  -  Duración: 30 horas
  -  Prazas: 50
  -  Datas: entre o 5 de maio e o 5 de xuño. Exame final o 9 de xuño na EGAP.
  -  Máis información: 
CV14002
CV14003: Sistema operativo, busca da información: internet/intranet (contorno Windows): 
  -  Duración: 30 horas
  -  Prazas: 50
  -  Datas: entre o 29 de setembro e o 29 de outubro. Exame final o 3 de novembro na EGAP.
  -  Máis información: 
CV14003