Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca dous cursos para obter o diploma de directiva ou directivo da Xunta de Galicia

    A Escola / Martes, 28 de Xaneiro de 2014.

    O DOG do 27 de xaneiro publica a convocatoria de dous cursos para obter o diploma de directiva ou directivo da Xunta de Galicia, un deles destinado ao persoal da Administración autonómica e outro dirixido ao das entidades locais. O primeiro dos cursos para obter o diploma de directiva ou directivo vai destinado ao persoal funcionario, ao persoal laboral fixo, ao persoal sanitario e ao persoal docente ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso do segundo, os destinatarios son os empregados públicos das entidades locais galegas.


    Esta actividade formativa terá unha duración de 240 horas, das cales 160 se corresponden coa docencia presencial e 80 cun traballo en equipo titorizado. Para elaborar este traballo os alumnos deberán preparar e defender publicamente un plan de dirección dun departamento ou dunha organización pública co apoio dun titor.

    Número de prazas: 30 para a Administración autonómica e 15 para a Administración local
    Matrícula: https://egap.xunta.gal/cursoDirectivos/
    Prazo de presentación de solicitudes: ata o 6 de febreiro
    Fichas dos cursos: PU14004 e PU14005
    Máis información: no correo electrónico novas.egap@xunta.gal e nos teléfonos 981 546 238, 981 546 241 e 981 546 239
  • Recursos
  •   Programa Curso de Directivos  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 223 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212