Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Publicadas as convocatorias dos cursos de xefatura de sección e xefatura de negociado

    A Escola / Venres, 31 de Xaneiro de 2014.

    O prazo de matrícula de 2 edicións de perfeccionamento de xefatura de sección e de 4 de xefatura de negociado comezará o martes 4 de febreiro ás 8 horas.


    A EGAP, coa finalidade de satisfacer as necesidades formativas dos mandos intermedios, convoca no DOG do 31 de xaneiro os cursos de Perfeccionamento de xefes de negociado e Perfeccionamento de xefes de sección. Estas actividades van dirixidas aos empregados públicos destinados na Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia; con preferencia daqueles que estean a desempeñar un posto de xefatura de sección ou negociado.

    Edicións: 2 de xefatura de sección e 4 de xefatura de negociado
    Prazas: 50 en cada edición
    Modalidade: teleformación
    Matrícula: http://egap.xunta.gal/matricula
    Número máximo de solicitudes para esta convocatoria: unha
    Prazo de solicitude: do 4 de febreiro ás 8 horas ao 13 de febreiro ás 14 horas
    Fichas dos cursos: FC14099 e FC14100
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 224 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212