Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Novo prazo de matrícula para o curso de Xestión sostible e responsabilidade social na Administración pública

    A Escola / Luns, 17 de Febreiro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para o curso FC14090 Xestión sostible e responsabilidade social na Administración pública, coa finalidade de completar o número de solicitudes presentadas para esta actividade.


    Segundo a base 4.2 da Resolución do 20 de xaneiro de 2014 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 24 de xaneiro) no caso de non haber suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso a EGAP poderá abrir un novo prazo de matrícula.

    Por este motivo aceptaranse novas solicitudes para o curso FC14090, que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre os días 5 e 26 de maio de 2014. Para matricularse neste curso será preciso facer a solicitude a través da Zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.gal/matricula) entre as 8 horas do 17 de febreiro e as 14 horas do 27 de febreiro.

    Ficha do curso: FC14090
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 227 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212