Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola edita un monográfico sobre a ordenación do territorio e o urbanismo

    A Escola / Martes, 18 de Febreiro de 2014.

    Este exemplar da Revista Galega de Administración Pública (Regap) inicia a serie de número monográficos desta publicación ofrecendo unha análise da ordenación autonómica do territorio e do urbanismo como factores esenciais na organización do territorio e da vida da poboación dunha comunidade.


    Así, esta monografía pretende reflectir o estado da cuestión urbanística de Galicia achegando unha versión plural e poliédrica. Na dita publicación analízanse os instrumentos de ordenación do territorio, as políticas urbanas e territoriais, as infraestruturas e o seu papel na ordenación do territorio na Comunidade Autónoma, o papel do instituto expropiatorio na construción da identidade territorial galega, o solo típico e singular de Galicia (o solo de núcleo rural), a ordenación dos recursos naturais e mineiros, os novos procedementos de control da legalidade urbanística, os mecanismos de impugnación do planeamento, a disciplina urbanística, a normativa de vivenda de 2011 da Comunidade Autónoma de Galicia, as paisaxes culturais e o novo marco regulatorio do urbanismo, entre outras cuestións.

    A edición desta monografía é o resultado do esforzo da EGAP por manter a súa misión de investigación e de realización de traballos de divulgación no campo da Administración pública, tal e como lle foi asignado a esta institución nos seus fins fundacionais. Neste ámbito encádrase a elaboración de revistas de índole científica, das que a Regap constitúe a publicación emblemática, de referencia no ámbito administrativo galego.

    Este e outros números da Regap pódense descargar de xeito gratuíto a través de http://egap.xunta.gal/publicacions/publicacionsPorCategoria/12
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 228 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212