Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    III Curso de actualidade xurídica de réxime local: a reforma dos gobernos e administracións locais

    A Escola / Xoves, 27 de Febreiro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra (Cosital) poñen en marcha o III Curso de actualidade xurídica de réxime local: a reforma dos gobernos e administracións locais, no cal se analizarán as últimas reformas normativas que introduciron modificacións de enorme relevancia no ámbito local.


    Esta actividade vai destinada a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, empregados públicos e persoal directivo da Deputación Provincial de Pontevedra, funcionarios pertencentes aos corpos ou escalas dos grupos A1 e A2, así como persoal laboral equivalente, ao servizo da Administración local que se encontran en situación de servizo activo, incapacidade temporal por maternidade ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.

    Modalidade: presencial
    Duración: 25 horas
    Lugar: Deputación Provincial de Pontevedra, avda. Montero Ríos, s/n.
    Datas: 28 e 29 de abril e 5, 12, 19, 26 e 27 de maio de 2014
    Horario: das 16.30 ás 20.00 horas
    Prazas: 120
    Prazo de presentación de solicitudes: desde as 8 horas do 28 de febreiro ata as 14 horas do 14 de marzo
    Solicitudes: http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información: CV14011
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 237 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212