Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de probas de avaliación de carácter libre do Plan formativo Ofimático de Galicia

    A Escola / Xoves, 27 de Febreiro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública, dentro do Plan de actividades formativas do ano 2014 para o persoal da Administración autonómica, convoca no DOG do 27 de febreiro un total de 3500 prazas de acceso libre das materias integradas no Plan formativo ofimático de Galicia.


    O certificado expedido pola EGAP que acredite a superación destas materias permitiralles aos alumnos obter a Certificación galega de competencias dixitais en ofimática, segundo o establecido no Decreto 218/2011, do 17 de novembro.

    Número de prazas: 3500
    Destinatarios: empregados públicos destinados na Administración autonómica de Galicia en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia por coidado dun fillo ou dun familiar
    Datas das probas: en abril os días 21, 22, 23, 25 e 28, en xuño os días 16, 17, 18, 19 e en outubro os días 20, 21, 22, 23, 27 e 28.
    Horario das probas: ver convocatoria
    Lugar: sede da EGAP, Santiago de Compostela
    Matrícula: https://egap.xunta.gal/matricula/
    Prazo de matrícula: desde as 8 horas do 28 de febreiro ata as 14 horas do 9 de marzo
    Número máximo de solicitudes para esta convocatoria: cinco
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 236 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212