Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola organiza un seminario sobre transparencia administrativa cofinanciado pola Comisión Europea

    A Escola / Xoves, 27 de Febreiro de 2014.

    O I Seminario sobre transparencia administrativa e protección dos intereses financeiros da Unión Europea na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal servirá para abordar aquelas medidas dirixidas a que a cidadanía poida coñecer en que e como se empregan os fondos públicos. Ademais, formularanse propostas para mellorar a transparencia do sector público co propósito de garantir que a cidadanía poida coñecer o volume de gastos e ingresos das administracións, quen son os destinatarios dos contratos públicos, quen se beneficia de cada subvención ou canto custa realizar unha obra ou fomentar unha determinada actividade.


    Esta actividade convócase en colaboración coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea e está confinanciada pola Comisión Europea no marco do Programa Hércules II Legal-Part da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF).

    O seminario ten como obxectivos principais concienciar sobre a protección dos intereses financeiros da Unión Europea, difundir boas prácticas sobre a xestión e control dos fondos da UE, dar a coñecer as novas medidas de transparencia que vai poñer en práctica a Xunta de Galicia, promover a cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e promover o debate social e político sobre estes temas.

    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Datas: 19 e 20 de marzo, en horario de mañá e tarde
    Duración: 15 horas
    Prazas: ata completar aforo
    Solicitudes: ata o 17 de marzo no seguinte enderezo http://egap.xunta.gal/seminariotransparenciaUE
    Máis información: PU14007
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 235 de 1206
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212