Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP colabora coa Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia en materia formativa

    A Escola / Mércores, 26 de Febreiro de 2014.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, e o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, José Eduardo López, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia formativa na sede da escola.


    Así, as modalidades de colaboración previstas poderán consistir na programación de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación; a edición conxunta de libros, documentos de traballo e outras publicacións; e a promoción da actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos.

    Mediante a sinatura deste documento preténdese lograr unha maior eficiencia e eficacia na actuación dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada un destes entes; favorecer as relacións entre ambos os dous colectivos; e informarlles sobre as novidades normativas.

    A colaboración entre os dous organismos vénse renovando anualmente desde o ano 2010 e deu lugar, entre outras actividades, á posta en marcha de xornadas formativas para avaliadores e á impartición de cursos específicos de lingua galega.

    Ademais, o convenio recolle que para o bo desenvolvemento das actividades dos convenios, establecerase unha comisión mixta, de composición paritaria, integrada por representantes de cada unha das institucións ás que corresponderá a concreción, seguimento, interpretación e avaliación das accións que se poidan levar a cabo.

    ACSUG

    A ACSUG creouse no ano 2001 baixo a figura xurídica dun consorcio entre a Xunta e as tres universidades galegas, coa finalidade primordial de promocionar e garantir a calidade do sistema universitario de Galicia e conseguir que alcance un gran recoñecemento dentro do contexto universitario nacional, europeo e internacional.

    En 2010 foi incluída no Consello da ENQA (Asociación Europea para a Garantía da Calidade da Educación Superior) pasando a ser membro de pleno dereito do grupo, formado por 48 axencias de 25 países. Ademais, é unha das dez axencias de calidade universitaria de España, xunto con ANECA.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 234 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212