Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso técnico sobre cambios e novidades lexislativas en materia de avaliación ambiental

    A Escola / Martes, 25 de Febreiro de 2014.

    Grazas á sinatura dun convenio, a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia poñen en marcha o Curso técnico sobre cambios e novidades lexislativas en materia de avaliación ambiental. Normativa estatal e autonómica.


    A lexislación ambiental que regula a tramitación ambiental de proxectos, plans e programas sufriu cambios fundamentais no mes de decembro, coa publicación de dúas novas leis, de ámbito estatal e autonómico, que modifican tanto o contido da documentación de carácter ambiental coma a tramitación destes traballos ante as administracións públicas.

    Estes cambios lexislativos afectan a proxectos, plans, programas e a apertura ou modificación de actividades existentes. Ademais, a lexislación de ordenación do territorio e urbanismo tamén recolle a tramitación ambiental. Por este motivo, é preciso que os promotores, profesionais e técnicos municipais coñezan as novidades de man dos técnicos das administracións públicas responsables da súa tramitación.

    Así, esta actividade vai dirixida a técnicos que realicen proxectos ou participen na súa redacción, a promotores interesados en emprender unha actividade ou modificar a existente, a responsables técnicos municipais que queiran ver a aplicación práctica da lexislación recentemente aprobada e a estudantes universitarios que desexen completar a súa formación en temas ambientais.

    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
    Datas: o 13 de marzo das 9.30 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas
    Duración: 7 horas
    Inscrición: http://www.ciccpgalicia.es
    Prazo de inscrición: ata o 11 de marzo
    Ficha do curso: CV14013
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 233 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212